A nosa selección de viños con denominación de orixe        

COLLEITA
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
00
01
02
03
04
05
06

Cariñena
MB
E
R
MB
MB
B
MB
MB
MB
MB
B
B
MB
R
E
B
MB
E
MB
B
E
 
 
Monterrei
E
E
MB
MB
E
MB
 
E
 
 
Rias Baixas
 
 
 
B
MB
E
MB
B
B
B
B
MB
MB
MB
B
B
B
B
B
MB
 
E
 
Ribeira Sacra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
B
MB
MB
MB
E
 
MB
 
 
 
 
Ribeiro
 
 
 
 
B
B
B
B
B
B
MB
B
B
B
MB
MB
E
MB
MB
 
MB
 
 
Ribera del Duero
R
MB
E
B
B
E
B
MB
B
R
MB
E
E
B
MB
E
MB
E
MB
MB
E
MB
B
Rioja
R
B
B
MB
B
B
B
MB
B
B
E
E
MB
B
MB
B
B
E
B
B
E
E
 
Rueda
B
B
B
MB
B
B
B
B
B
B
MB
B
MB
MB
MB
MB
B
B
B
MB
MB
MB
 
Somontano
 
 
 
 
E
MB
B
MB
MB
E
E
E
MB
B
E
MB
B
E
MB
MB
MB
E
 
Toro
 
 
 
 
B
E
E
E
E
MB
MB
MB
MB
B
MB
E
MB
E
MB
E
E
E
 
Valdeorras
B
B
B
MB
B
R
MB
B
B
E
B
MB
MB
B
B
MB
 
 
 
E: excelente / MB: moi boa / B: boa / R: regular / D: deficiente

 

 

 

Comezo
Seguinte
D.O. Cariñena
Na bisbarra do Campo de Cariñena, no val do Ebro.
Ofrece unha interesante variedade de uvas de cultivo tradicional e outras de recente incorporación.


É a denominación máis antiga de Aragón, cunha coñecida tradición de tintos de gran capa e alta gradación elaborados a partir de uvas Garnacha tinta, Mazuela e Juán Ibáñez, así como de blancos extraidos das variedades Garnacha blanca e Macabeo.

Nas últimas décadas incorporáronse outras variedades tanto tintas (Tempranillo, Cabernet, Sirah, ...) coma blancas (Chardonai e Parellada) que completan unha oferta moi variada e acorde aos gustos do consumidor actual, o que permitiu un notable incremento da comercialización no mercado nacional e da exportación.


A nosa escolla: Tempranillo 60% Garnacha 40% - Crianza do 2001

Para acompañar: Caza e Setas da zona

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Monterrei
Na parte oriental da provincia de Ourense e na fronteira con Portugal atópase a D.O. Monterrei.


Ampara os concellos de Monterrei, Oimbra, Verín e Castrelo do Val, establecendo duas subzonas diferenciadas: Val de Monterrei e Ladeira de Monterrei.

As viñas inscritas suman perto de 670 hectáreas sendo as variedades preferentes, para tintos a Mencía e a Treixadura, e Godello en blancos. Outras variedades permitidas son Dona Branca para blancos e Tempranillo para tintos. Son caldos que conservan as características dos viños galegos (afroitados, frescos, relucentes, ...) e, por suposto, co seu propio selo de identidade.


A nosa escolla: Godello 60%, Treixadura 40%.

Para acompañar: Sardiñas asadas.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Rias Baixas
Exténdese por tres bisbarras da provincia de Pontevedra: "Val do Salnés", Condado do Tea e "O Rosal".


A variedade estrela da Denominación é o Albariño, ainda que existen outras autóctonas de gran calidade tales como: Treixadura, Loureira, Caiño e Espadeiro.

Esta denominación caracterízase por viños de calidade que teñen cabida na carta de viños dos grandes restaurantes de fora de Galiza e cunha amplia repercusión a nivel internacional.


A nosa escolla: Albariño 65%, Treixadura 25%, Loureiro 10% - 2005.

Para acompañar: Mariscos.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Ribeira Sacra
Enclavada nos fermosos cañóns das ribeiras do Sil e do Miño, a D.O. Ribeira Sacra é o mellor expoñente dos tintos galegos.


Predominan as variedades tintas, entre as que destaca a excelente Mencía, auténtica pedra angular da viticultura da Ribeira Sacra; moito menos extendidas aparecen Brancellao e Merenzao. En canto a Garnacha tintorera, autorizada con carácter temporal, ten escasa entidade. As blancas, minoritarias, atópanse representadas polas excelentes Godello, Treixadura e Albariño, entre outras.

Os máis afamados viños da zona son os tintos de Mencía, xóvenes de cor púrpura ou granate, de intenso e persoal recendo nos que se poden apreciar aromas de mora e framboesa. Ben constituidos pero elegantes e lixeiros en boca, con acedume e taninos axustados, frescos e alegres. En blancos aparecen interesantes produccions monovarietais de Albariño, Godello e Treixadura, de intenso e afroitado recendo, frescos e saborosos.


A nosa escolla: Mencia 100% - 2005.

Para acompañar: Empanada de xoubas.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Ribeiro
Está situada o oeste da provincia de Ourense.


Herdeiro dunha lexendaria historia, o blanco do Ribeiro ocupa máis do 80% da producción de esta zona.

Os tintos e o senlleiro tostado completan a oferta dunha zona vitivinícola para triunfar tendo calidade, diferenciación e, na Treixadura, a sua mellor carta de presentación.


A nosa escolla: Treixadura 100%.

Para acompañar: Peixes azuis.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Ribera del Duero
Nas ribeiras do Duero exténdense estos cultivos atravesando máis de cen pobos casteláns.


A Denominación conta cun gran prestixio nacional e internacional e cunha producción de calidade e cantidade.

As variedades de uva por excelencia son o Tempranillo, Cabernet Sauvignon, Merlot, Malbec, Garnacha tinta e Albillo.


A nosa escolla: Tempranillo 100% - Carballo

Para acompañar: Carnes blancas e vermellas pouco elaboradas.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O.Ca. Rioja
É a primeria, e única, Denominación de Orixen co carácter de Calificada. É, xunto coa de Xerez, a máis antiga de España. Ambas foron promulgadas en 1926.

Díse que o viño da Rioja é “o mellor viño do mundo en relación calidade/prezo”.


Abarca administrativamente parte da provincia de Logroño e algunhas zonas de Navarra e Álava. Comprende máis de 130 concellos e distinguense tres subzonas principais: Rioja Alta, Rioja Alavesa e Rioja Baixa.

As variedades tintas propias son o Tempranillo, Garnacha, Mazuelo e Graciano. En canto a blancas destacan a Viura, Malvasia e Garnacha blanca. Son viños que posuen unha boa composición aromática e equilibrada.

Según o proceso de envellecemento podemos falar de:

  • Viño xoven: viño no seu primeiro ou segundo ano que conserva características de frescor e afroitado.
  • Viño de Crianza: viño, como mínimo no seu terceiro ano, que pasou un ano como mínimo na barrica e alguns meses na botella. Nos blancos o periodo mínimo na barrica é de seis meses.
  • Viño de Reserva: un viño que debe envellecer durante tres anos, dos cais un como mínimo ten que facelo na barrica. En blancos o periodo é de 2 anos, dos cais, como mínimo 6 meses teñen que ser na barrica.
  • Viño de Gran Reserva: viño que permaneciu o menos dous anos na barrica e tres na botella. En viños blancos o periodo total é de catro anos, o menos seis meses na barrica.
O envellecemento faise en barricas de carballo de 225 litros, con trasegos periódicos, completándose despois na botella.

CARACTERÍSTICAS

Ainda que a producción e a elaboración manteñense nunha evolución constante, a variedade tempranillo sigue sendo a base dos viños tintos da Rioja, debido, principalmente, as suas idóneas condicions para o envellecemento.
O uso da variedade viura, pola sua beira, é a máis extendida na elaboración de viños blancos. Mais, e froito da experimentación, a elaboración de viños na DOCa. Rioja avanza conforme as novas tendencias do sector. Así, é posible atopar viños elaborados con variedades minoritarias (graciano, mazuelo...), viños procedentes do cultivo ecolóxico ou viños obtidos mediante novas técnicas, coñecidos como alta expresión. Son viños elaborados coas uvas das mellores añadas, de viñedos antigos e na sua elaboración cada bodega utiliza os seus propios métodos.
Surxen así viños de gran estructura que manteñen todalas características da uva e da terra da cal proceden.

O viño da Rioja vendese en máis de 100 países do mundo.


A nosa escolla: Tempranillo 90%, mazuelo 10%. Crianza 6 meses en barrica mixta.

Para acompañar: Carnes roxas, embutidos ou queixos curados.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Rueda

Nos aredores da localidade castelá do mesmo nome, a D.O. Rueda traenos a memoria os aromas frutais dos recoñecidos blancos obtidos da sua uva autóctona: a Verdexo.


Tradicionalmente, decir Rueda é decir Verdexo. A personalidade de istos blancos monovarietais, de matices herbais e toques afroitados, unidos a dedicación dos vinicultores, convertiu a Rueda nunha zona especializada na elaboración de viños blancos.

Nas ultimas décadas incorporaronse a D.O. outras variedades de uvas blancas (Viura, Sauvignon, ...) que completan a sua oferta de blancos para adecuala as novas demandas do mercado.

Desde o ano 2001 incluiron tamén na D.O. as uvas tintas Tempranillo, Cabernet, Merlot e Garnacha.


A nosa escolla: Blanco 100% Verdexo

Para acompañar: Revoltos e embutidos non especiados
                                      Arroces e peixes ao forno.

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Somontano


A nosa escolla:

Para acompañar:

 

Comezo
Anterior - Seguinte
D.O. Toro



A nosa escolla:

Para acompañar:

 

Comezo
Anterior
D.O. Valdeorras
Bisbarra que, pola sua situación xeográfica (a parte máis oriental da provincia de Ourense), é a entrada natural de Galiza.


A variedade blanca preferente é o Godello. Nos últimos anos hai bodegas que apostaron pola fermentación en barrica dando uns viños con intensos aromas de madeiras novas, carnosos e ben estructurados.

En canto a tintos, a variedade autóctona é a Mencía. Destacando o sabor afroitado e fresco que da esta variedade e que, nos últimos anos, permitiu un recoñecido prestixio tanto a nivel nacional coma internacional.


A nosa escolla: Godello 100% - 2005

Para acompañar: Caldeirada de raia